O referente da poesía social

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Xerais (X. lOBATO)

A RAG adicaba en 1989 as Letras Galegas ao escritor de Celanova

15 may 2014 . Actualizado a las 10:53 h.

A RAG decidía homenaxear ao que saudaba como o «máximo expoñente da poesía social na literatura galega» coas Letras Galegas de 1989. Daquela o autor de obras como Longa noite de pedra ou Viaxe ao país dos ananos convertíase en protagonista dun 17 de Maio que reivindicaba a Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) como un dos referentes do compromiso social e político dos intelectuais. Vencellado de novo ás xentes da Xeración Nós, creou as Mocedades Galeguistas de Celanova xunto con Xosé Velo e outros compañeiros e participou na formación da Federación de Mocedades Galeguistas (do Partido Galeguista). Os días da súa estadía no cárcere do mosteiro de Celanova, por manifestarse contrario ao réxime durante un permiso en 1937, «abondaron para axudarlle a concibir a súa obra máis importante, Longa noite de pedra». Na súa etapa en Pontevedra e Vigo naceu a amizade con persoeiros como Fernández del Riego, Laxeiro ou Álvarez Blázquez, publicou O soño sulagado e editou con Galaxia, onde dirixía a colección Salnés, o poemario Longa noite de pedra.

En 1966 emigra a Caracas e do desencontro coa dirección da Hermandad Gallega, proclive ao franquismo, naceron Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir. Xa de volta, 1973, implícase de cheo na actividade política.