«Que teñamos alguén debía ser obrigatorio»

La Voz

FIRMAS

24 abr 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Aínda que as posibilidades de saír elixido son pouco menos que remotas, Óscar Carballo (Ourense, 1981) loitará porque non sexa así. Di que, se o votaran todos os ourensáns, sería eurodeputado tralo 25-M. Vai no posto quince da coalición formada por CIU, PNV e Compromiso por Galicia, aínda que advirte que a súa organización non é independentista.

-¿Que se xoga Ourense nestas eleccións?

-Se xoga o novo modelo económico de desenvolvemento rural. Nós defendemos que os cartos que cheguen de Europa se gasten en incrementar a produción da superficie agraria útil, mellorar a formación dos novos agricultores ou titulares das explotacións e crear industria agroalimentaria, gandeira e láctea aplicando modelos cooperativos dos que Ourense xa ten experiencia con Coren.

-¿Investíronse ben ata agora os fondos europeos?

-Non, se investiron en factores improdutivos. Foi a Europa do mal gastar, en aeroportos sen pasaxeiros, autopistas sen circulación e a prezos altos... Non serviu para nada e debería terse usado en asentar poboación nos núcleos rurais e en pór a producir o noso agro.

-¿Que opina de que Ourense non teña eurodeputados nin que, aparentemente, vaia telos a partir do 25-M?

-Paréceme mal. Que teñamos alguén alí debía ser obrigatorio. Insto aos ourensáns a que sendo eu unha posibilidade de representalos, que deixen a política ilusoria que se fixo ata agora e pasen á política da xente que vimos aquí con proxectos viables. Eu, ademais, comprométome a deixar a primeira liña no 2024.