Torga pecha como libraría na rúa da Paz e comeza a súa actividade o portal Torga.net

La Voz

OURENSE CIUDAD

23 abr 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

No caso de Ourense, a celebración do Día do Libro estará marcada por unha nova que pon o contrapunto á xornada festiva: a desaparición da libraría Torga. O establecemento da rúa da Paz pecha as súas instalacións e deixará de existir, como espazo físico, a libraría creada por Xavier Paz.

Hoxe é un derradeiro día de funcionamento de Torga, como establecemento aberto ao público e lugar onde coñecer as últimas novidades editoriais, participar en presentacións, encontros ou debates, e como libraría onde poder mercar ou encargar as publicacións, cedés, deuvedés ou outros materiais vencellados coa actividade cultural.

Ao peche da libraría marca o inicio dunha nova proposta: a plataforma Torga.net, sitio na rede dende onde Xavier Paz dará continuidade á súa faceta como promotor de proxectos culturais e iniciativas editoriais -máis de cen títulos leva posto no mercado nos últimos anos a Difusora das Artes e as Letras-, ademais de manter a súa actividade como libreiro. Non haberá ningunha proposta singular para hoxe: Torga pechará ao público ao rematar o horario habitual.