Matilde Felpeto: «Arredor do polbo foron creándose moitos mitos»

OURENSE

XOAN CARLOS GIL

A autora de «O polbo e a súa cociña» (Xerais) presenta hoxe o seu traballo no restaurante Fuchela, do Carballiño

24 abr 2014 . Actualizado a las 06:40 h.

A libraría Escolma, en colaboración con Xerais, organizou para esta tarde a presentación do libro O polbo e a súa cociña, de Matilde Felpeto Lagoa. A cita é ás 20.00 horas no restaurante Fuchela, do Carballiño. O traballo recolle «67 receitas da cociña tradicional familiar» e a súa autora inclúe na publicación receitas de libros antigos e propostas de manuais de cociña máis modernos. Na primeira parte do libro recolle diferentes aspectos do polbo e na obra aparecen referencias á literatura galega, española, portuguesa, francesa e italiana.

?Galicia, Grecia e Portugal aparecen como os principais consumidores.

?O polbo consúmese en todo o mundo, aínda que nestes tres países é onde se rexistra a maior demanda. No Mediterráneo hai máis especies que a octopus vulgaris, a que se consume en Galicia, e nos países nórdicos e Europa central non lles gusta nada.

?Vostede sinala na súa obra que moitos dos costumes adquiridos non teñen que ver co resultado final ¿cales son eses chamados ritos?

?Arredor do polbo foron creándose moitos mitos ao longo dos séculos. Ao que se refire vostede, o de meter en auga o polbo tres veces, non inflúe para nada na cocción, só é un rito. Eu comenteino coas polbeiras, e comprobeino logo na práctica, e o resultado é o mesmo. A pel non se desprende e o sabor é igual.

?¿Tamén pasa coas caldeiras?

?Exacto. Empezaron a usar caldeiras de cobre porque era máis doado transportalas. As de aceiro son máis cómodas, límpanse mellor e o resultado é idéntico no que ao polbo se refire.

?¿Cal é a diferenza entre a demanda de Galicia e Portugal?

?No norte de Portugal consúmese o polbo frito ou á grella e no sur prefíreno con legumes.