«Haberá descontos de ata o 90 %»

María Cobas Vázquez
MARÍA COBAS OURENSE / LA VOZ

OURENSE

PABLO ARAUJO

A feira do mañá espera xuntar a 10.000 persoas polas rúas da localidade

16 abr 2014 . Actualizado a las 06:45 h.

Mañá, a rúa Celso Emilio Ferreiro de Celanova transformarase nun enorme centro comercial ao aire libre no que se darán cita ata 60 negocios. Detrás, desde fai xa seis anos, Julio Gosende, que anima á xente a ir ata alí. Xa desde o hoxe.

-Como é a final da Copa do Rey, o Madrid-Barça, poremos na rúa unha pantalla xigante para ver o fútbol. E haberá unha cena, cun menú de empanada, polbo e churrasco, e de postre bica, queimada, chupitos... Todo por 18 euros. Iso é para ir quentando motores.

-E o xoves feira, ¿que se atopará quen vaia?

-Somos 60 expositores, este ano seguimos medrando unha vez máis. E máis que houbera se tiveramos sitio, porque puxemos dúas rúas cheas, e quedaron fóra polo menos cinco negocios por falta de espazo.

-Sinal de que a feira sigue medrando, ¿non?

-Sigue crecendo, imos a máis, mellor que ir a menos... É como unha feira de final de rebaixas, por aí dicilo. Eu, por exemplo, que vou cos mobles, van con desconto do 90 %. A idea é que o que vai á rúa non entre de novo na tenda, e non entra. É non deixar nada en almacén, é facer unha limpeza xeneralizada.

-Pero non só mobles...

-Hai mobles, flores, electrodomésticos, zapatos, roupa infantil, informática, bazar... e produtos típicos. Poderíase dicir que o que vén pode montar o piso, vestir a familia e levar a comida. E tamén hai coches, que van na rúa paralela. Vamos en plan agresivo este ano, vai a casa pola ventana cos descontos que temos.

-Supoño que para levantar as ventas da campaña...

-Para dinamizar o comercio e levantar o país (ri).

-¿E o torneo de fútbol?

-Xuntamos a 500 nenos e facemos un campionato de benxamín e prebenxamín, con 28 equipos, e outro de nenas. Os rapaces están entretidos mentres os pais compran; e atraemos a máis de 1.500 persoas, porque os rapaces veñen cos pais.

-¿Canta xente pode vir a Celanova?

-Se é coma outros anos, move sobre 10.000 persoas. Hoxe a feira é coñecida en toda a provincia e por iso seguen entrando máis tendas, e porque cada ano hai máis xente veñen cinco ou seis mil persoas de fóra.

julio gosende organizador da feira de oportunidades de celanova