«Escribo desde neno, pero agora sábeo máis xente»

LAURA U. VERÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

LAURA U.

O autor pechou onte as actividades da semana de novela negra de Verín

05 abr 2014 . Actualizado a las 06:55 h.

A biblioteca de Verín clausurou onte a súa semana de novela negra coa presenza do escritor Domingo Villar, autor de Ollos de auga e A praia dos afogados ?dúas das novelas máis exitosas nos últimos anos en Galicia?, e que conquistou durante a súa presentación a todos os que alí se congregaban.

?¿Que lle parecen este tipo de iniciativas culturais?

?Paréceme ben, ademais o que ten o xénero negro é que reflicte a realidade social. Falar de novelas de xénero, do oficio dos forenses, policías ou xuíces é falar da sociedade en xeral, que é o do que se trata. Acordei a miña participación porque se trata dunha iniciativa interesante.

?Guionista e crítico gastronómico, ¿que lle levou a dirixirse ao campo da literatura?

?Escribo desde neno, a diferenza é que antes só o sabía eu e agora sábeo máis xente.

?Dúas novelas no mercado, premios varios premios, ¿agardaba este éxito?

?Non tiña nin idea de se ninguén as ía publicar, sorprendeume moito e sorpréndeme máis cando viaxo polo mundo adiante e vexo que a novela se traduce, e así chega a moitos lugares este currunchiño do mundo, que é o universo onde habitan os personaxes destas novelas.

?¿Por que cre que gustan?

?Sinceramente non o sei. Supoño que estamos nun momento no que as novelas policiais teñen bastantes lectores.

?«A praia dos afogados» pasará ao cinema, ¿que supón?

?Un reto grande, porque me encarguei do guión. Empeza a rodarse o 5 de maio na costa de Pontevedra. Traducir a novela a imaxes é un traballo complexo porque si se fixera plano por plano daría para unha película de cinco horas... Reducila ata facer da novela unha película dun metraxe razoable tivo traballo, sobre todo polo tema de elixir que partes desbotar, porque sempre ao cortarlle pólas á árbore tes a sensación de que vai a ser moi diferente.

?Falou de auxe na novela policiaca, ¿como ve o mercado galego?

?En case cada eido artístico, Galicia ten unha materia prima extraordinaria e hai novelistas moi senlleiros, uns facendo novela negra voluntariamente e outros sen darse conta. En creatividade estamos ben; no tema comercial está máis complicado. No resto do mercado español e europeo sucede igual, hai moitas cousas coas que competir. Antes no metro case todo o mundo lía, agora miran o teléfono móbil, o ocio cambiou.