Sergej Timofejev participa mañá na ciclo Poetas na corte d' El Rei Sabio

X. M. R. / OURENSE

OURENSE

O encontro co poeta letón celébrarase, ás 20.30 horas, na Fundación Riisco de Allariz

17 mar 2014 . Actualizado a las 21:47 h.

A Fundación Risco de Allariz acollerá mañá unha nova cita do ciclo Poetas na corte d' El Rei Sabio. O proxecto desenvólvese en colaboración co Centro Ágora, de A Coruña, e para esta nova convocatoria contarase coa presenza do poeta letón Sergej Timofejev. O recital poético e o encontro-debate co autor comezará ás 20.30 horas na sede da fundación na vila alaricana. A última actividade do ciclo foi o encontro celebrado en xaneiro co repentista cubano Alexis Díaz Pimienta, que centrou a súa participación neste movemento de literatura oral que se equipara aos regueifeiros galegos.