A Feira do Viño do Ribeiro cubre o cupo de adegas e colleiteiros participantes

X. M. R. / ourense

RIBADAVIA

Oito adegas e 21 colleiteiros participarán do certame, a celebrar entre os días 2 e 4 de maio

11 mar 2014 . Actualizado a las 15:54 h.

Rematado o prazo de inscrición para participar na próxima edición da Feira do Viño do Ribeiro, que chega neste 2014 aos seus 51 anos de historia, rexistrouse unha ocupación total das prazas dispoñibles. Segundo anunciou hoxe o Concello de Ribadavia, na Feira do Viño do Ribeiro 2014 participarán un total de 8 adegas e 21 colleiteiros. A feira celebrarase entre os días 2 e 4 de maio e dende o Concello, en calidade de organizadores da feira en colaboración co Consello Regulador do Ribeiro, amosouse a súa «satisfacción co proceso, xa que este ano as adegas e colleiteiros participantes realizaron a inscricion con antelación ao remate do prazo, motivadas polo seu interese en formar parte dun evento gastronómico que cada ano que pasa está a ter máis importancia e prestixio a nivel autonómico e nacional».