A Fundación Risco edita a versión galega da novela «Profesor Unrat»formación Clases para elaborar un café en la hostelería

ourense / la voz

OURENSE

Paz Huete Iglesias e Luís Martínez-Risco na presentación.
Paz Huete Iglesias e Luís Martínez-Risco na presentación.

24 dic 2013 . Actualizado a las 06:55 h.

«O profesor Unrat» é a obra más coñecida do escritor alemán Heinrich Mann (1871-1950). Escrita a comezos do século XX, a novela foi unha das obras máis salientables da súa época e no ano 1930 adquiriu unha maior dimensión e popularidade ao ser levada ao cine por Josef von Sternberg co título Der blaue engel (1930). O anxo azul, a primeira película protagonizada por Marlene Dietrich, foi todo un acontecemento no país e en xuño do mesmo ano Vicente Risco asistía a unha proxección durante a súa estadía en Alemaña. A película e a obra orixinal deixaron fonda pegada no intelectual ourensán. Onte, a fundación que leva o seu nome presentou en El Cercano a versión en galego da obra de Mann. A tradución do alemán ao galego correu a cargo da ourensá Paz Huete Iglesias, que realizou o traballo sendo lectora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel. Paz Huete sinalou que «na miña opinión o autor é máis moderno nos temas que o seu irmán, Thomas Mann, e a obra foi moi adiantada para a súa época».

Sobre o idioma indicou a tradutora que lle facilitou o traballo estar vivindo «na mesma zona, xa que no texto hai moitos xiros do baixo alemán».

La Escuela Cafento organizó ayer una jornada formativa para hosteleros de la ciudad. En ella se dieron nociones básicas para elaborar cafés decorados con motivos de Navidad, con la técnica del Latte Art. También se mostró cómo hacer cócteles navideños con una base de café o chocolate.