O documental «100% CEF» é seleccionado nun festival de cine en Romanía

JESÚS MANUEL GARCÍA OURENSE / LA VOZ

OURENSE

06 ago 2013 . Actualizado a las 07:10 h.

O documental 100% CEF. Unha biografía sobre Celso Emilio Ferreiro, foi seleccionado para concursar no Festival Internacional de Cine Documental de Romanía, que vai ter lugar entre os días 26 e 28 de setembro. Dirixido polo xornalista celanovés Aser Álvarez e no que participa no papel principal o actor Luis Tosar, dando vida a Celso Emilio. Foi gravado en Celanova, Vigo, Acevedo, Pontevedra, Santiago, en Asturias e na cidade de Ourense.

Retrato

Este documental valeulle ao seu autor o premio de xornalismo José Aurelio Carracedo 2013. Trátase dunha longametraxe que amosa un retrato do escritor celanovés, quizá máis contemporáneo que académico. É un retrato feito un século despois do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.

Agora proba entre os 22 documentais relativos á Arte. Outros 27 integran a sección de Ecoloxía e 20 van na de Turismo. O devandito festival romano é o primeiro destas características organizado no país balcánico. O documental tamén gañou o Mestre Mateo 2013 na sección de documentais.