Visita guiada ao laboratorio de restauración do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

X. M. R.

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

O centro celebra o Día Internacional dos Museos cun programa de presentacións e xornadas de portas abertas

14 may 2013 . Actualizado a las 22:26 h.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense iniciou hoxe o seu programa de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museos. Na primeira das xornadas o Arqueolóxico centra a súa proposta nunha visita guiada, unha de mañá e outra de tarde, ao laboratorio de restauración ubicado nas instalacións provisionais de A Carballeira. Na actividade pódese coñecer o proceso de restauración dunha pintura sobre lenzo e explícase o traballo e os proxectos que se desenvolven no museo. O programa de conmemoración da data inclúe a presentación, mañá, dunha escultura do Rei David atopada en Santa María de Covas (Cea) dentro do ciclo «A peza do mes», unha visita guiada á sala de escultura que o museo ten en San Francisco, o xoves, e a presentación da recreación en 3D da evolución do edificio histórico do museo na Praza Maior de Ourense, o sábado.