Presentada a obra gañadora do Premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil

X. M. R.

OURENSE

Antonio Cortes Santos

Ángela Fernández Rey, a gañadora, agarda que a súa obra anime á lectura

22 abr 2013 . Actualizado a las 21:40 h.

A Deputación de Ourense presentou hoxe o libro «Por que está triste Miañas?», con texto orixinal de Ángela Fernández Rey e ilustracións de Javier Pastor Díaz, obra gañadora da décima edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil. O xurado salientou, do texto elexido, a súa linguaxe acaída para os pequenos lectores e o fomento de valores como a amizade, a solidaridade e o respeto. No caso de Javier Pastor, que non puido acudir á presentación dende Barcelona por compromisos profesionais, o xurado salientou a conxunción co texto galardoado e a súa aposta pola collage dixital. Na súa intervención. o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, lembrou o compromiso da institución por contribuir ao fomento da lectura entre as novas xeracións e a homenaxe que se lle rinde anualmente as irmáns Pura e Dora Vázquez, que de sempre mantiveron unha estreita colaboración co organismo provincial e que foron pioneiras no apartado da literatura infantil e xuvenil.