O Concello de Ourense convoca o XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense

X. M. R. / La Voz

OURENSE

O prazo para a presentación de orixinais remata o día 30 de abril

24 ene 2013 . Actualizado a las 23:10 h.

O Concello de Ourense ratificou onte, na reunión da xunta local de goberno, a convocatoria do XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense. A convocatoria é para todos aqueles traballos inéditos presentados en galego ou en portugués (a Cámara de Vila Real participa no proxecto dende o irmanamento con Ourense en 1982) e no mesmo poderán participar todas as persoas que o desexen, agás os premiados nos últimos cinco anos, e deberán remitir os seus textos por correo certificado, facendo constar que é para o citado premio, ou presentandoos no rexistro do Concello de Ourense. As obras que opten a ser premiadas terán que ser orixinais e inéditas e contar cun mínimo de seiscentos versos. Deberán presentarse mecanografadas a dobre espazo e en follas de tamaño folio escritas por unha soa cara (por sextuplicado). O prazo de presentación de orixinais remata o día 30 de abrirl deste ano e o premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra gañadora.