Anxo Santomil, insignia de oro das xornadas:«Moitas cousas cambiaron»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

foi un dos principais protagonistas das xornadas de onte. Anxo Santomil, ligado nos comezos ás Xociviga, recibiu a insignia de ouro

-¿Que supón este recoñecemento?

-Serviume sobre todo para volver a vista atrás e recordar como naceron as xornadas. Ver, sobre todo, como cambiaron.

-¿Moito?

-Radicalmente. Moitas cousas cambiaron. Dende a situación do cine galego, tanto dende o punto de vista de recursos, financiamento ou distribución, pasando polo desenrolo do audiovisual a nivel xeral. Agora tampouco hai salas boas de exhibición e a xente a lo mellor prefire quedar na casa e ver alí as películas. E o máis importante: o cambio na filosofía.

-¿Por que?

-A Xociviga naceu de mans de xente entusiasmada e autodidacta. Como un punto de encontro, un lugar para compartir ideas. Esa filosofía desapareceu completamente.

-¿Por que abandonou no seu día as Xociviga?

-Estaba esgotado, cansado e frustrado.

Más información