Máis de 10.000 persoas participaron na romaría Raigame de Vilanova dos Infantes

OURENSE

Santi M. Amil

O burgo medieval de Celanova recrea cada ano a vida rural e as actividades dos artesáns galegos

17 may 2012 . Actualizado a las 19:33 h.

Vilanova dos Infantes está a vivir unha nova edición da romaría Raigame. Unha cita promovida pola Deputación de Ourense e organizada polo Centro de Cultural Popular Xaquín Lorenzo que converte cada ano a Vilanova en punto de encontro de milleiros de persoas de toda Galicia e Portugal. Cesteiros, oleiros, zapateiros, canteiros, follateiros, zoqueiros, ferreiros e moitos outros artesáns, tanto veteranos como novos, repartíronse polas rúas do burgo medieval para achegar o seu oficio aos visitantes de Raigame. A romaría etnográfica, que este anos estreou a súa condición de «Festa de interese turístico de Galicia», tense convertido na cita máis importante de cantas se celebran o 17 de Maio na provincia de Ourense. A primeira hora da tarde o Concello de Celanova adiantaba que por Vilanova dos Infantes pasarían ao longo deste día máis de 10.000 persoas. Ata Raigame tamén se achegou a caravana de promoción da película .