Un arqueólogo con moitos traballos e pouca cotización
07 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Mentres estudiaba Historia traballaba nunha pizzería. Licenciouse no 2007 e púxose a facer o doutorado (rematou no 2009) compaxinando ao mesmo tempo o traballo de investigación no laboratorio de Arqueoloxía do campus universitario de Ourense e o labor docente. É membro da equipa de investigación do Grupo de Estudios de Arqeuoloxía Antiguedade e Territorio, ten un contrato ca Fundación Aquis Querquennis e este ano tamén é profesor invitado na universidade.
-Con tantos traballos, estará forrado...
-¡Máis quixera! Isto non é como ter un soldo fixo. É ir parcheando. Non teño tempo nin para tomar unha caña, pero é o que hai. Se queres vivir disto e traballar porque che gusta, non che queda outra.
-¿Non hai saídas laborais máis estables para un arqueólogo?
-As posibilidades na empresa privada agora son escasas porque normalmente son traballos relacionados coa construcción de obra civil na que se necesitan informes de impacto arqueolóxico, e está todo moi parado. Nas universidades tampouco están por ampliar plantillas. Si tes sorte e tes proxectos que seleccionen, aínda podes ir tirando porque unha parte do presuposto é para personal.
-Polo menos non terá problema para ter a cotización necesaria para xubilares.
-¡Era boa! (rí). ¡Eu xa teño claro dende hai tempo que non me vou xubilar!
-¿Por que?
-Sei que nunca terei xubilación porque a estas alturas debo ter cotizados dous anos e medio, ou así. Na pizzería como estaba estudando o contrato era por media xornada; teño un cuatrimestre que me contratou como profesor a Universidade; o da Fundación é para este ano e non é renovable porque é con fondos europeos; e o de profesor invitado é como traer a alguén para que dé unha conferencia: páganche a colaboración pero non tes relación contractual e non cotizan por tí. E polas bolsa de investigación antes non se cotizaba nada.
-Pero agora si. Estará encantado con Rodríguez Zapatero porque na reforma incluiuse a investigación
-¿Encantado? ¡Non me fastidies! Iso levábase reclamando moitos anos, e tamén os recortes para investigación foron con él. Bueno, con él a nivel estatal e con Feijoo a nivel autonómico. Así que non estou contento con ningún dos dous, a verdade.
-¿E que fai no tempo libre?
-No meu tempo libre estou aquí, no laboratorio.
-¿Non ten aficións?
-Antes moitas. Para saber as aficións dunha persoa hai que ver o que lle regalan os amigos. A mín, pedras ou fósiles que compran por ahí.
-¿Algunha vez lle regalaron unha falsificación e tivo que dicirlle ao amigo que o timaron?
-Iso non se dí. O regalo faise con boa intención e si non eres experto é normal que te timen.
-¿Como ve o futuro? ¿Pensa comprar piso, formar familia, e cousas así?
-Non penso no futuro, e menos no que me poda amargar, nin sequera que preciso 38 anos de cotización para xubilarme e que eu non vou chegar. E no da familia tamén está complicado. A miña moza está na Coruña nunha empresa que mañá a pode mandar a outro sitio, e o meu traballo é eventual... O que fago é pensar en non parar, en seguir formándome e investigando.
Licenciado en Historia, arqueólogo e investigador, naceu hai 27 anos na localidade de Nigueiroá, no concello de Bande.
Aporveita os roteiros culturais dos que é bolseiro para estirar as pernas. Deixou o hockey, deporte no que competiu federado moitos anos, por falta de tempo.