«O grupo de teatro Auriense conseguiu xuntar a todos os que nos gustaba ler, escribir e ver teatro»

La Voz

OURENSE

29 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Millán Picouto forma parte da historia do teatro Ourensá. Fundador do grupo de teatro Auriense no ano 1974, e unha testemuña directa da evolución deste arte na recente historia democrática do país.

-¿Cómo recorda o seu inicio no teatro como fundador e director do grupo Auriense??-Foi no ano 1974 cando formando parte da directiva do grupo Auriense, propuxéronme dar vida ao proxecto dun grupo de teatro que leva o nome de Auriense. Eu tiña 24 anos e por aquel entón e o que ensallábamos cos mozos que formaban parte do grupo eran traducións que eu facía dalgúns textos breves e dalgunhas obras escritas pola miña conta cunha extensión maior as obras traducidas.

-Dado o momento histórico no que se atopaban naqueles anos, ¿tiveron nalgunha ocasión problemas co goberno daquel entón??-Depende do que tratemos. Desde o goberno franquista, nunca nos puxeron problemas con todo o relacionado coa lingua galega. Outra cousa é o que sucedía coa censura, onde as restricións si que eran unha realidade constante. De todos os xeitos, naquela época e naquelas actividades, o grupo de teatro Auriense conseguiu xuntar a todos os que nos gustaba ler, escribir e ver teatro en Ourense. Un dos eventos clásicos era en Ribadavia, concretamente no Agro de Santo Domingo.?-¿Ata cando ocupou o cargo de director?

-Practicamente ata finais dos anos oitenta. Foi unha cuestión de evolución social do teatro a nivel galego. Había dous sectores, un que buscaba a confrontación ideolóxica e outro que perseguía a profesionalización do sector. Pero ata cando non era director, sempre exercía de dramaturgo do grupo Auriense, redactando obras para os membros do grupo, cos que sempre mantiven unha amizade que dura ata hoxe en día. Foron uns anos dos que gardo un bo recordo.