«É necesario serenar e tranquilizar a vida política de A Rúa»

La Voz

OURENSE

CANDIDATO DO PSOE EN A RÚA

07 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Chámome Luís Fernández Gudiña. Nacín na rúa Fondareas de A Rúa Vella, moi preto de onde vivo agora. Fixen os meus estudios na escola que había ó lado da igrexa para logo pasar o grupo escolar e posteriormente rematar no Pablo VI. Despois fixen a diplomatura en Ourense e comecei a traballar moi preto de A Rúa, concretamente en Valdanta. Despois pasei por O Bolo, Ourense e outros lugares de Galicia. Aínda que neste momento traballo fora de comarca teño concedido un traslado para traballar a partir do próximo curso nun centro de ensino de O Barco. Estou casado, teño dúas fillas e paso todo o tempo que podo en A Rúa, na miña casa. ?u nunca me desliguei de A Rúa. Desde moi novos os rapaces e rapazas de A Rúa Vella sempre tivemos a inquedanza de facer cousas polo pobo. A proba é que nos últimos anos formamos a asociación cultural Sabugueiro a través da que desenrolamos todo tipo de actividades, como o magosto, a festa da empanada ou as festas de San Roque. Por iso, cando se me propuxo encabezar a lista do PSOE apenas o dubidei xa que se me presentaba a oportunidade de desenvolver algunha das ideas que tiñamos. Esas ideas son as que levo no programa para que A Rúa avance e recupere o desenrolo económico e comercial, que antes tivo e que nos últimos anos perdeu. Tamén é necesario serenar e tranquilizar a vida política de A Rúa e creemos que a nosa candidatura pode facelo.