Ás portas da OTAN e do Mercado Común

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

25 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Leopoldo Calvo Sotelo foi un presidente culto, políglota, coñecedor de Europa e de vocación europeísta. Tamén, malia o rostro inexpresivo e arrogante, foi home dun humor satírico, presente nas súas memorias. Recoñece nelas a inxenuidade dos primeiros Gobernos da monarquía, nos que el estivera, convencidos de que Europa acollería cos brazos abertos a España descarriada que volvía á democracia: 

«Naturalmente no fue así; la comunidad internacional, que es todo menos evangélica, después de quemar un incienso retórico en honor de la nueva democracia española, mostraría pronto el rostro feo de los intereses y de los egoísmos nacionales».

Esa mesma inxenuidade era a da oposición, que chegou a esixir en compensación á nosa adhesión á OTAN a devolución de Xibraltar.

Calvo Sotelo describe a situación real: «En la OTAN y en la CE pesaba más la incomodidad del ajuste necesario para hacernos un hueco que la ventaja de ampliar, con nuestra presencia, el recinto común».

Á porta do Mercado Común chamara Suárez en 1977, á da OTAN Calvo Sotelo en 1981. O PSOE fixo campaña co slogan «OTAN, de entrada no», pero a historia quixo que fose o Goberno socialista de Felipe González o que traspasara ambas portas.