Os poderes do comandante Cortina

Siro
siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

25 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

O comandante Cortina tentou tamén que Pardo Zancada non o involucrase na organización do 23F e mandoulle, a través do capitán Armada, parente lonxano do xeneral, a mesma mensaxe que enviara a Tejero pola muller: seríalle máis útil se non era condenado. Porén, a defensa dos acusados baseábase na «obediencia debida», polo que debían demostrar que o golpe fora cousa do Cesid, de Armada e do rei. Tamén o fiscal cría na culpabilidade do comandante Cortina e no interrogatorio da mañá do 22 de marzo de 1982 levouno contra as cordas. A sesión interrompeuse para xantar e Cortina fixo una chamada telefónica que oíron o comandante Arribas, responsable do servizo de comedores, e o letrado Ángel López Montero, defensor de Tejero. Este revelou trinta anos despois que Cortina dicía ao interlocutor: «Que no me jodan, que saco hasta lo de Carrero Blanco».

No interrogatorio da tarde Cortina mostrouse tan chulo que o presidente do tribunal tivo que esixirlle moderación no ton. Non foi chamado a declarar o capitán Camacho, do Cesid, que recollera probas de que o xeneral Armada e o comandante Cortina organizaran o golpe, e fíxollo saber ao director, o coronel Calderón, que non quixo crelo.