Igualdade ante a lei

Miguel Ánxo Bastos Boubeta EL DEBATE. CASO NÓOS

OPINIÓN

19 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Non son quen de comentar xurídicamente a sentencia do caso Nóos, hai comentaristas muito mellores ca min para isto. Meu comentario só quere decir que o tratamento que ao seu caso lle deu a Xustiza e exactamente igual co de calquera outra persona, e ela comportouse diante da lei exactamente igual que outra persona. E ao facelo ambas, a Xustiza e a infanta cometeron un erro moi grave que non as favorece en nada. Presumamos en primeiro lugar que non recibiu ningún trato de privilexio na instrucción da causa e que todo o proceso seguiu escrupulosamente a norma, o que non discutirei. Darei por feito que foi un xuizo exemplar e un orgullo para a democracia como dixo onte un voceiro do PSOE. As ponentes da sentencia argumentan sobre a non acreditación do coñecemento pola infanta das actividades presuntamente ilícitas do seu esposo. Pero a Xustiza non pode obviar que Elena de Borbón non foi nunca unha cidadana como as demáis. Dende pequena e dado o seu ambente tivo acceso a altos cargos da política e a economía. Disfrutou e foi moi publicitado no seu momento dunha educación privilexiada en bos colexios e se incidiu muito no seu momento en que era a primeira integrante da familia real en contar cunha licenciatura universitaria, nunha carreira na que se ensina facenda, administración pública e economía. Traballou no sector das finanzas boa parte da súa vida e contou durante muito tempo con asesores pagados a cargo da Casa Real. Unha persona destas características non pode baixo ningunha circunstancia alegar descoñecemento do que na súa casa se fai e a Xustiza debería ter tido estes factores en conta e non tratala como unha persona máis, porque nin o é nen o foi nunca, pois ainda figura na lista de sucesión ao trono e polo tanto podería hipotéticamente chegar a a ocupalo. Pero polo que a ella respecta comete a infanta outro erro ao querer ser tratada como os demáis. Todo acusado ten dereito a súa defensa e non serei eu quen llo negue, pero ao reclamar igualdade de trato este voltase contra ella e contra a institución a que debía boa parte dos seus privilexios. Súa familia e ella tamen ocupan lugares de privilexio no marco do sistema político español. Isto implicoulle no seu momento certos dereitos ampliados e honores (pasaporte diplomático, lista civil, postos de honra nos eventos públicos...) e entendo que en boa lóxica seus deberes cara a cidadanía deberían ser tamen ampliados. Non me parece moi de recibo cara a institución que unha potencial ocupante da Coroa se porte como unha persoa común e para librarse do castigo descargue en outros, incluso en empregados ou socios, toda a culpa alegando ignorancia e inxenuidade. Poderá ser legal pero dende logo non e nobre nen digno dunha potencial raiña. 

E se es tes valores, a dignidade, a nobreza, a veracidade son conculcados o fundamento último da existencia dunha familia real queda severamente danado.