Violación exhibida na web

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

06 jun 2016 . Actualizado a las 13:55 h.

iolacións hai todos os días en calquera parte do mundo e non só nas guerras: quince diarias en Brasil , unha cada sete horas en España, sen contar as que non se denuncian... E non parece que o número lles quite o soño ás autoridades.

A violación dunha moza de dezasete anos en Brasil por trinta bestas humanas non sería noticia se non se tivese colgado nas redes sociais. Confiemos en que a repulsa que provocou axude a que o delito non quede impune.

Desde que existe Internet , ao pracer sádico da violación únese a satisfacción de que os demais o vexan. O desexo de difundir as «fazañas eróticas» é aínda máis forte que o de humillar e facer dano, e, sen dúbida, é maior que o pracer sexual que pode conseguirse coa violación dunha adolescente drogada, que sangra polos seus xenitais e que é compartida por trinta tipejos.

O afán da notoriedade levou fai XX séculos a un pastor grego a queimar o Partenón de Atenas e hai uns anos a unhas adolescentes españolas a matar a unha compañeira de colexio, sen outro motivo que o de saír na tele e as revistas. E os que queiman a indixentes ou dan malleiras a un rival do fútbol cólgano na rede: gozan con iso. O castigo por difundir o delito é pequeno e a satisfacción, grande.

Só un castigo duro pode evitar que renda o exemplo e as redes convértanse en escenario de vídeos moi semellantes aos snuff.