Suárez con Carrillo

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

01 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

Foi unha decisión de Suárez á que se opuxeron o vicepresidente Alfonso Osorio e Torcuato Álvarez de Miranda. Osorio advertiuno de que a entrevista podería ser interpretada, non como signo de reconciliación, senón de debilidade do Goberno; pero Suárez confiaba en conseguir que Carrillo recoñecese publicamente a Monarquía, a bandeira roxa e gualda, e a unidade de España, deixando nunha situación difícil ao PSOE, que aínda non aceptara explicitamente as dúas primeiras. A xestión de Carmen Díez de Rivera e José Mario Armero concluiu o 27 de febreiro de 1977, cando Suárez e Carrillo se entrevistaron nunha casa de Armero en Pozuelo. O presidente saudouno co mellor sorriso: «¡Cuántas horas de sueño me ha quitado usted, señor Carrillo!». Carrillo correspondeulle coa mellor das súas gargalladas. A conversa durou seis horas e ambos saíron satisfeitos. Carrillo, coa sensación de que Suárez legalizaría o PCE antes das eleccións, e o presidente porque Carrillo aceptara sen reservas os tres principios que lle plantexara como non negociabeis. Despois daquel encontro, nos actos oficiais do PCE non volvería ondear a bandeira republicana. Ao saír, Suárez informou ao rei.