A lei electoral

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

30 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Como Fraga pensaba gañar con Alianza Popular as primeiras eleccións democráticas, houbo quen o acusou de querer forzar ao Goberno a facer unha lei electoral co sistema maioritario, que beneficiaría aos partidos máis votados; pero, visto o debate, pode que defendese esta opción porque lle parecía a mellor.

A discusión da lei electoral, dentro da Lei para a reforma política, creou a única tensión entre o Goberno e Alianza Popular cando o portavoz, Martínez Esteruelas, afirmou que co sistema maioritario se faría «política de Estado» e co proporcional «política de partido», polo que, se o Goberno non aceptaba o sistema de maiorías, o seu grupo absteríase na votación da Lei para a reforma política.

Suárez pactara coa oposición o sistema proporcional, que permitiría a presenza na Cámara de máis opcións do electorado, e non podía aceptar a emenda de AP, pero chegouse a un acordo para aplicar «dispositivos correctores» que impedisen a proliferación de grupos, fixando a provincia como circunscripción electoral e un número de deputados para cada unha.

AP fracasaría na primeira confrontación electoral da democracia e, de se aplicar o sistema de maiorías, a súa presenza nas cámaras sería ridícula.

Siro