Títulos excluidos

Celso Currás
Celso Currás NUESTRA ESCUELA

OPINIÓN

31 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

traxectoria das reformas educativas democráticas neste país é de xulgado de garda. Caracterízase polos bandazos, a improvisación ou os cambios baseados en criterios políticos ou de copia textual doutros países. Temos a sensación de estar nun permanente cambio, que desmoraliza aos profesionais máis motivados e prexudica gravemente aos alumnos. Se hai ben pouco os titulares eran do ensino preuniversitario, agora son da educación superior. O Plan Bolonia foi implantado a trancas e barrancas e nos seus sete anos de vixencia non deixaron de aumentar as críticas e o descenso do nivel das ensinanzas. O obxectivo debe ser unha avaliación rigorosa cara a corrixir aspectos esenciais das funcións do alumno e do profesor, sistema de cualificación, calendario, adecuación ao mercado laboral, etcétera. Sen embargo, céntrase a reforma da reforma nunha nova converxencia con Europa, coa desculpa de que se ten optado por un sistema de titulacións moi ríxido. Aínda que se pretenda manter un equilibrio curricular, vai ser inevitable que xurdan diferentes duracións e cargas lectivas para un mesmo título, entre distintos centros de ensino superior. Pode rexurdir algo xa esquecido: que nos requisitos das ofertas laborais se exclúan os títulos impartidos en determinadas universidades.