O primeiro Goberno da monarquía

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

25 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O rei non confiaba no pulo reformista dun Goberno presidido e nomeado por Arias Navarro, e quixo que incluíse a Manuel Fraga, José María de Areilza e Alfonso Osorio.

Fraga viña de Londres eufórico e disposto a capitanear a reforma dende o Ministerio do Interior; Areilza, titular de Exteriores, explicaríaa en Europa e Estados Unidos; Osorio, ministro da Presidencia e xurídico militar, tranquilizaría aos ministros militares cando dubidasen ante acordos democratizadores. Osorio era, ademais, «o home do Rei» no Goberno, e Arias, receoso, mandou trasladarlle o despacho lonxe do seu, a outro inmoble, en Castellana 5.

O BOE do 11 de Nadal publicaba a composición do primeiro Goberno da monarquía: Carlos Arias Navarro, Fernando de Santiago, Juan Miguel Villar Mir, Manuel Fraga Iribarne, José María de Areilza, Gabriel Pita da Veiga, Félix Álvarez Arenas, Carlos Franco, Alfonso Osorio, Antonio Garrigues, Adolfo Suárez, Rodolfo Martín Villa, Leopoldo Calvo Sotelo, José Solís, Carlos Pérez de Bricio, Virgilio Oñate, Francisco Lozano, Antonio Valdés, Adolfo Martín Gamero e Carlos Robles Piquer.

Vinte homes para acadar con decisión e firmeza a solución democrática. Vinte homes cunha misión imposible.