A luz do Nobel

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

12 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

E n moitas zonas do mundo rural galego gardamos a imaxe dun montón de pitiños comendo fariña ao carón dunha das clásicas «bombillas». Esa lámpada non estaba alí para darlles luz, senón calor, e é que ese invento de Thomas Alva Edison (en 1880) era máis unha estufa que unha fonte de luz: só un 10% da súa enerxía se empregaba en alumear, o resto estragábase en forma de calor. Dado que a cuarta parte do consumo eléctrico do noso planeta se destina a iluminación, comprenderán o avance que supuxo, nos anos noventa, o descubrimento dunha nova forma de alumear (o LED branco) que apenas perde enerxía por calor, consome 20 veces menos e dura 100 veces máis. Os LED xa existían, pero en tonalidades verde e vermella e iluminaban pouco. Tres xaponeses deron feito un que emitise luz azul, o camiño para obter luz branca. Un deles tamén desenvolveu un láser moi pequeno de luz azul, base dos dispositivos Blu-ray.

Hai dous anos, o premio nobel xaponés Ei-ichi Negishi dicía en Galicia que a Academia Sueca tiña unha débeda pendente con eles tres compatriotas seus.

Pois ben, débeda saldada: veñen de recibir o Premio Nobel de Física 2014. Xapón supera xa a barreira dos vinte Nobel.