Cuestión de educación

Alfredo López Penide
López Penide A CRIBA

OPINIÓN

28 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Algo falla, e moito, cando unha sociedade non é capaz de erradicar unha lacra como é a violencia sexista, unha violencia incardinada na idea terrible de que a muller é unha mera posesión do macho. Está claro que as políticas empregadas ata o de agora de pouco serven, toda vez que o dramático número de vítimas increméntase xornada a xornada. A cifra de mortes xa supera por moito aos asasinatos da banda terrorista ETA pero, en ocasións, dá a impresión de que os políticos non alcanzan a comprender a envergadura do problema e determinados exabruptos non teñen a condena que deberían ter, ao tempo que tristemente segue a escoitarse un «algo faría» cando se informa destas mortes. Dende hai anos a Fiscalía de Menores e os medios de comunicación alertan de que a violencia doméstica e a sexista estanse multiplicando nas etapas escolares. E foi a Educación unha das áreas onde máis se notaron os recortes pola crise.