A Marcha Verde

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

26 jul 2014 . Actualizado a las 23:26 h.

O Sáhara era provincia española, pero a ONU declarouno territorio a descolonizar e, en 1973, o Goberno presidido por Carrero Blanco comprometeuse a facer un referendo no que os saharauis decidisen o seu futuro. Un ano despois ratificouno o de Arias Navarro.

Os saharauis querían a independencia, sen embargo Estados Unidos e Francia temían un Sáhara baixo a influencia de Arxelia, e apoiaron ao rei Hassan de Marrocos, que o reclamaba. O 16 de octubro de 1975 o Tribunal da Haya determinou que Marrocos non tiña dereitos sobre o Sáhara español; Hassan non aceptou o fallo e mostrouse disposto a obtelo pola forza. Franco, gravemente enfermo, enviou ao xeneral Gavilán para advertirlle de que se invadía o Sáhara, habería guerra; pero ía de farol e cando, o 6 de novembro, Hassan, asesorado pola CIA, mandou 350.000 civís esfarrapados, movidos polo fervor patriótico, na que se chamou Marcha Verde, e despois que o ministro Solís fracasase no intento de disuadilo, dicíndolle: «Majestad, de andaluz a andaluz?», o Goberno español rendeuse sen condicións.

O Príncipe Juan Carlos visitara ás tropas españolas para falarlles de prestixio e honra; despois, o 14 de novembro, España entregaba o control territorial do Sáhara a Marrocos.