Pingas de cristal

Sen eufemismos

foto de María Canosa
Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

¿C antas veces temos que tropezar na mesma pedra para aprender? Moitas. Demasiadas. Ata que a cousa non ten remedio xa. Dixéronnos que non estabamos en crise, que tan só era unha recesión. E cando quixeron darlle o nome que a identificaba, con todas as consecuencias, foi tarde xa. Nin brotes verdes nin solución posible.

E agora, a historia semella repetirse. Desta volta, tampouco hai rescate, tan só é un pequeno apoio financeiro á banca, unha nimiedade. Novamente, os datos comezan a ser confusos. Cédennos 100.000 millóns de euros cando só necesitamos 40.000. Aínda que xa hai quen di que estamos na beira dos 70.000. E comeza a falarse dun rescate internacional. Como non nos chegan as incógnitas, e os globos sonda que nos lanzan para atemorizarnos, tamén xogan ás adiviñas.

Parece (coma se se tratase dun rumor) que vai ser necesario liquidar un banco español nacionalizado. ¿Cal? Ai, iso xa se verá. O primeiro é preocupar e revolucionar máis a xa grave intranquilidade dos cidadáns. Despois, se cadra, xa nolo contan. Cando non haxa remedio, e cando non poidamos facer nada cos nosos aforros.

Basta xa de eufemismos. Chamémoslle ás cousas polo seu nome. Sexan sinceros. Abran os ollos, señores dirixentes, porque nós xa o fixemos.