«Torre de Breoghán: A luz dos milésians»

H. J. P. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

18 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

«Entón Ith, fillo de Breoghán, divisou dende a torre de Brighantia unha illa esmeralda, chea de vida. Chamou aos máis fieis dos seus homes, os máis avezados mariñeiros, i emprendeu unha azarosa travesía polo Mar Maior, cara á conquista de Irlanda». Non é un proxecto ao uso. A ambición da banda folk coruñesa Luar na Lubre traspasa desta volta as liñas medidas da mercadotecnia habitual en Galicia. A súa aspiración narrativa inclúe unha importante cota escénica, e así o mostra na súa presentación como pack con dobre cedé e deuvedé co concerto gravado en xuño pasado no pazo da Ópera da Coruña. Os de Bieito Romero contaron coa colaboración da Orquesta Sinfónica de Galicia para darlle ao relato pulo e forma de poema sinfónico cos axeitados arranxos musicais do pianista Nani García. Trátase de pórlle banda sonora nada menos que ás épicas fazañas da cultura oral céltica recollidas no século XI no Léabhar Ghabhála Éireann (Libro das Invasións) por monxes irlandeses e, en particular, á atribuída aos milesios, que partiron de Brigantia (A Coruña) cara Irlanda seguindo ao seu líder Ith, fillo de Breoghán. Ademais deste espectáculo, o álbum contén unha fermosa selección de pezas tradicionais.