«Ensaio subversivo»

J. G. SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

22 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Para «procurar espazos de reflexión e creación do pensamento crítico no alumnado galego de secundaria», o IES Xelmírez convoca desde o ano 2013 o premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez. Homenaxea a un docente de Filosofía, falecido hai anos, que favoreceu a renovación pedagóxica no centro. Os dos primeiros certames distinguiron os traballos Consideracións sobre a desaparición, de Iván Rocha Regueira, do IES Manuel Murguía de Arteixo; Pensamento frío, de Fernando Domínguez García, do Centro de Educación e Promoción de Adultos Nelson Mandela do Centro Penitenciario da Lama; Reflexións sobre a deriva occidental. Labrego do tempo dos spútniks, de Anxo Lema Saavedra, do IES Xelmírez I de Santiago; e Ensaio sobre a sociedade, a Felicidade e a Personalidade, de Carlos Lanzós López, do IES Lucus Augusti de Lugo. «Só con cidadáns e cidadáns que exerzan o seu pensamento libre poderemos acadar a nosa liberdade colectiva», afirma no limiar o director do centro, Manuel Portas.