Cultura dedica 600.000 euros á montaxe de 26 espectáculos galegos de carácter escénico

redacción / la voz

CULTURA

Esta cifra supón, segundo o organismo autonómico, un incremento do 17,65 % con respecto ás subvencións polo mesmo concepto no 2013

23 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A Consellería de Cultura e Educación comunicou onte a adxudicación de axudas a 26 espectáculos galegos de carácter escénico a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e que suman 600.000 euros. Esta cifra supón, segundo o organismo autonómico, un incremento do 17,65 % con respecto ás subvencións polo mesmo concepto no 2013, cando se destinaron 510.000 euros.

No apartado de espectáculos de gran formato recibirán axudas Voadora, con 50.000 euros para A tempestade, así como Kukas Producións, que contará con 27.480 euros para A frauta máxica no maxín.

No eido de nova creación son beneficiarios Perplexo, de Laura Míguez (17.000 euros); Balor na acción dunha cadeira, de Laura Villaverde (13.928); Psicópata, de Antón Concheiro (6.175); Eu encargábame dos nenos e meu home da parte dos gastos, de Víctoria Pérez (12.743); Ohmio, de Rubén Vilanova (15.298) e Roedores, de Redrum (15.940). Outras compañías ás que se lles concederon axudas son Excéntricas, Chévere, Talía, Emedous, Ningures, Tanxarina, Elefante Elegante, Atlántico, Sarabela e Abrapalabra, entre outras.