«A maleta de Victoria Kent»

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

08 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai dúas cousas que sobresaen -e marcan- na narrativa de Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952), a súa condición de historiador -e o seu gusto polo estudo do período contemporáneo en Galicia- e súa pericia para conxugar feitos reais e ficción. Nesta ocasión, na súa nova novela, A maleta de Victoria Kent, viaxa aos tempos da Guerra Civil, só uns días despois da sublevación militar do 36. Liberto, o protagonista da aventura, é obreiro nunha canteira, de ideoloxía anarquista e moi comprometido e implicado coa loita sindical, sempre enfrontado cos veciños das dereitas, e que se enrolou nunha cuadrilla de mineiros que tralo golpe militar tentan controlar a vila de Portomaior, en crecente tensión de violencia. Sobre Liberto pesa un pasado complexo, a guerra colonial de Marrocos, a perda dun fillo, a emigración cubana... O fracaso da súa acción e a aparición dunhas cartas dan un xiro á vida de Liberto.

A maleta de Victoria Kent, de Xerardo AgraFoxo

Colección Literaria.

Editorial Galaxia.

431 páxinas.

23 euros.