«Liña azul»

X. F. redacción / la voz

CULTURA

17 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Chega agora ás librerías Liña azul, o debut novelístico de David Pobra, o personaxe creado por David Pérez González (A Pobra do Caramiñal, 1981), e que mereceu o premio Cidade Centenaria de Riveira. Xa dende o xogo nominativo está presente a vocación por facer literatura dentro da literatura. A historia ábrese cunha alusión á liña azul do título: unha das liñas de metro de Barcelona. O personaxe dun detective serve para enfiar diversos xéneros, da novela negra á humorística, nos que teñen cabida dende citas a Sherlock Holmes ata a un Burmar Flash.

David Pobra

Edicións Xerais de Galicia

136 páxinas

14,60 euros