Fallece Carme Arias Montero, viúva de Isaac Díaz Pardo

A CORUÑA CIUDAD

Durante a xornada do sábado, o seu corpo será velado nas instalacións do tanatorio Servisa, na cidade de A Coruña

02 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Carme Arias Montero, viúva do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, faleceu na noite do venres. Natural de A Coruña, estudou en Madrid na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

No ano 1945 casou con Díaz Pardo, coincidindo co período máis fértil do artista, aínda que a pesar dos bos comezos, abandonaría a pintura tres anos despois.

Durante a xornada do sábado, o corpo de Carme Arias Montero será velado nas instalacións do tanatorio Servisa, na cidade de A Coruña, e mañá domingo os seus restos serán incinerados, por expreso desexo dela. Tamén por vontade súa as súas cinzas serán esparexidas na ría de Sada.