Manuel Rivas pide paz no comezo do plenario da elección do presidente da Academia

Camilo Franco / Luís Pousa A CORUÑA / LA VOZ

VIGO CIUDAD

Xesús Alonso Montero e Manuel González disputan os apoios necesarios para relevar a Méndez Ferrín ao frente da RAG

20 abr 2013 . Actualizado a las 14:55 h.

Unha Academia fracturada en dous bloques afronta a elección de quen será o seu presidente número doce desde os tempos de Manuel Murguía. Os filólogos Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) e Manuel González (Mazaricos, 1951) disputan os apoios necesarios para relevar á fronte da RAG ao dimitido Xosé Luís Méndez Ferrín e poñer fin aos tres meses máis convulsos da centenaria historia da corporación.

Manuel Rivas sinalou que era necesario non explicar este proceso electoral en termos duns contra outros. Pediu paz e sinalou que o único partido neste caso é a Academia. O plenario comezou a sesión para elexir entre Xesús Alonso Montero e Manuel González.