O ministerio aportará este ano máis fondos á institución que a propia consellería

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

A análise dos Presupostos Xerais do Estado e da Xunta ofrece un curioso paradoxo: este ano que agora nace o Goberno central asignará á Real Academia Galega unha cifra sensiblemente superior que a consignada nos orzamentos da propia Consellería de Cultura.

A falta de que o proxecto orzamentario sexa corrixido no Parlamento de Galicia, a día de hoxe a academia ten asignada nesas contas unha cifra total de 287.265 euros (que se obtén de sumar as tres partidas detalladas nos orzamentos das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística).

Nos presupostos do Ministerio de Educación e Cultura reflíctese este ano unha transferencia de 341.000 euros para a RAG, exactamente a metade que a recibida no 2012. É a mesma cantidade asignada ao Institut d?Estudis Catalans e conxuntamente ás dúas academias vascas (Euskaltzandia e Eusko Ikaskuntza).

370.000 ?

Galicia

A Xunta outorgou no 2012 370.000 euros á RAG, cifra que este ano reducirase a 287.265.

5.538.947 ?

Cataluña

Subvención que a Generalitat transferiu o ano pasado ao Institut d?Estudis Catalans.

1.332.820 ?

País Vasco

Transferencia do Goberno vasco á Academia de la Lengua Vasca-Euskaltzandia no 2012.

Más información