Sen perder a lírica e sen deixar a práctica Xesús Alonso Montero foi quen explicou a posta en marca da Academia Real para «difundir a obra, as ideas, o legado de Díaz Pardo». Sinalou o académico que «hai unha dimensión galega, ibérica e europea» e que o cometido desta academia en proceso constituinte «é explicar todas estas dimensións para que os novos que pronto serán o presente de Galicia «saiban quen foi e poidan seguir o exemplo que nos deu».
Montero aproveitou a súa intervención para reclamar que se poña en marcha a elaboración do catálogo dos fondos do legado Díaz Pardo que se encontra depositado na Cidade da Cultura. Aínda pediu máis porque puxo data para unha labor que considera imprescindible para entender o grandísimo patrimonio documental que o desaparecido intelectual foi reunindo ao longo da súa vida. Para Alonso Montero ese catálogo debería estar ultimado antes de que se cumpre o segundo cabodano da morte de Díaz Pardo.
Más información
Galicia despediuse de Pousa Antelo, «un galego cen por cen»
O Día das Letras Galegas, unha data reinventada
Que a terra lle sexa leve, Avelino
Tomiño rende homenaxe a Franco Grande, «un galego universal»
Axeitos insta a impulsar a casa museo de Manuel Antonio
Falece Xaime Isla Couto, o último dos fundadores da editorial Galaxia