Culturgal desafía a crise con máis creación e menor orzamento

Elena Larriba García
Elena Larriba PONTEVEDRA / LA VOZ

CULTURA

Os organizadores presentaron o programa da feira.
Os organizadores presentaron o programa da feira. capotillo< / span>

Setenta entidades culturais exporán os seus produtos en Pontevedra

07 nov 2012 . Actualizado a las 04:00 h.

«Pode que o fogar da cultura galega sexa este ano máis humilde, que lle falte algún moble, que non haxa tanta luminaria e fogueteiro, pero haberá festa e romaría de alto nivel creativo», como aseguraron onte o presidente e o director de Culturgal, Xulio Amigo e Sergio Lago.

A esta Feira das Industrias Culturais, que lle toca medrar nunha época marcada polos recortes, encherá a primeira fin de semana de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra de música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, maxia, novas tecnoloxías e todas as conexións posibles entre as distintas disciplinas artísticas.

Culturgal afronta a súa quinta edición cun orzamento inicial de 250.000 euros (un 15?% menos que no 2011), cando calquera outro evento similar a nivel estatal está no millón de euros. A pesares de reducir a súa achega un 26?%, a Xunta segue sendo o seu patrocinador principal, con 150.000 euros a través de Agadic e Política Lingüística. Non obstante, o Ministerio de Cultura duplicou o seu aporte ata 23.000 euros e o Concello de Pontevedra incrementou tamén o seu apoio ata os 36.000 euros.

Setenta entidades expositoras, 300 profesionais acreditados, máis de 40 relatores nacionais e internacionais e 140 actividades para todos os públicos (10 máis que o ano pasado) son as outras cifras de Culturgal, que, segundo os seus organizadores, «segue asentándose como o máis completo espazo de encontro e difusión so sector cultural galego».

No programa, presentado onte, destacan as conversas de salón nas que participarán Luís Tosar, Ignacio Escolar, Agustín Fernández Paz, Manuel Lourenzo, Teresa Moure, María Reimóndez, Rexina Vega e Manuel Rivas. A feira abrirá a porta ao ano Vidal Bolaño, co lanzamento de varios proxectos de difusión da súa obra. Unha ducia de compañías teatrais compartirán escenario con nomes imprescindibles da música galega actual, como Uxía, Xacobe M. Antelo, Xurxo Souto o Guadi Galego. E por Culturgal pasarán tamén os protagonistas do audiovisual e dos proxectos TIC máis innovadores.

O conselleiro de Cultura en funcións, Xesús Vázquez, apadrinou en Pontevedra a presentación de Culturgal e apostou por esta feira como referente e escaparate das iniciativas culturais do momento e polas industrias culturais galegas «coma imaxe de marca do noso país».