Os membros do xurado decidiu unanimemente que premiar a obra «Por que estar triste o Miañas»
11 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.O xurado do Premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil, na súa modalidade de narración, acordou conceder onte o galardón á obra presentada por Ángela Fernández Rey (Ourense, 1969) e que leva por título Por que está triste o Miañas?
A decisión foi unánime e os membros do xurado salientaron do orixinal «o feito de que fomenta e transmite o sentido do compañeirismo, a amizade e a solidariedade entre os nenos», ademais de contar a obra elixida cun «áxil ritmo narrativo e unha linguaxe perfectamente acaída para o público infantil». No seu traballo Ángela Fernández narra, a través dos animais, os «valores máis destacados do ser humano». Logo de fallarse o premio Pura e Dora Vázquez no seu apartado de narración, agora a Deputación de Ourense pasará a convocar o concurso para ilustrar o texto gañador desta décima edición. A autora, que é funcionaria de Xuventude en Compostela, recoñecía onte que «é unha obra que foi pensada para nenos de curta idade, non para mozos, ou para primeiros lectores e incide no valor da amizade cos animais como protagonistas. Xurde unha situación problemática e daquela esquecen o seu interese para colaborar entre todos». Fernández Rey recoñece que se presentou animada por amigos e familiares e que o galardón servirá para «seguir escribindo». Será a miña primeira obra publicada e iso dáme ánimo», explica.