Un congreso reivindica a figura e a obra de Francisco Añón

Santiago / la voz

CULTURA

Estes días celébrase o bicentenario do nacemento do poeta nado en Outes

05 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O bicentenario do nacemento de Francisco Añón está sendo celebrado onte e hoxe cun congreso en Santiago no que se reivindica a figura e a obra do poeta nado en Outes. Durante a tarde de onte Ramón Villares, Gonzalo Navaza e Xosé Luís Méndez Ferrín explicaron aspectos diversos sobre a poesía de Añón. O presidente da Real Academia Galega presentou ademais o libro Poesías galegas de Francisco Añón. Presentouse o documental Añón na memoria, de Juan Silva e Óscar Cendón.

Hoxe Pilar Sampedro, Rosario Álvarez e Xesús Alonso Montero contextualizarán a obra do escritor. Tamén está prevista a presentación dunha biografía sobre Añón escrita por Ramón Blanco e publicada por Galaxia.