Presentan o corrector de galego Imaxín, adaptado á norma do 2003

Santiago / La Voz < / span>

CULTURA

A nova ferramenta ofrece suxestións para as palabras erradas que están especialmente pensadas para o contexto do galego

11 sep 2012 . Actualizado a las 12:09 h.

Imaxín Galgo 2.0 é a nova ferramenta de corrección para a lingua galega, que ten en conta a última normativa establecida pola Real Academia Galega, do ano 2003, e que pode ser utilizada en Word, tanto no sistema operativo de Windows como na versión para Mac.

Este corrector anovado pode ser descargado da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística e funciona dun xeito similar a anteriores versións do programa, aínda que con algunhas novidades.

Galgo pode solventar erros de carácter tipográfico ou ortográfico, ademais de faltas de carácter léxico.

Por outra parte, o corrector ofrece suxestións para as palabras erradas que están especialmente pensadas para o contexto do galego e tamén para aclarar as dúbidas que poidan producirse polo seu contacto estreito co idioma castelán.