«Long Night of Stone», primeira tradución completa de Celso Emilio Ferreiro ao inglés

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Con tradución de Jack Hill presentouse en Santiago Long Night of Stone, a primeira tradución completa do libro de Celso Emilio Ferreiro e o terceiro volume da colección Galician Classics, editada por Small Stations Press coa participación da Consellería de Cultura e Educación.

A edición conta cunha tiraxe de 1.200 exemplares e a distribución dos mesmos realizarase, segundo a Xunta, a través das dúas distribuidoras máis importantes do Reino Unido, Bertrams e Gardners. Este libro, xunto cos dous anteriores da mesma colección, poderán ser adquiridos tamén en librerías virtuais como Amazon. Outro destino desta edición serán as bibliotecas dos centros do Instituto Cervantes.

Novo portal literario

Cultura anunciou a posta en marcha de Pórtico of Galician Literature, destinado a promover a proxección exterior de autores galegos. O proxecto xa funciona, pero será presentado despois do verán. A web ofrece, polo momento, unha información sobre Agustín Fernández Paz e os libros galegos publicados ata agora en inglés.