Conferencia do Día das Letras en Xenebra

La Voz

CULTURA

17 may 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Os centros e asociacións galegas no exterior non son alleas á celebración do Día das Letras. Nun dos países con notable presenza galega, Suíza, organízase en Xenebra para o vindeiro sábado unha velada na que Tucho Calvo, especialista na vida e obra de Paz Andrade, ofrecerá unha conferencia. A actividade, que se celebra nos locais da sociedade A Nosa Galiza, coa participación dos tres centros galegos da cidade, inclúe recitais e música.