A universidade de Tsudajuku, en Xapón, festexará o próximo 17 de maio o Día das Letras Galegas coa inauguración dun Ciclo de Música e poesía Galega organizado polo profesor Takashi Asaka. A primera sesión consistirá nun recital no que na súa primeira parte se interpretará pezas de gaita a cargo de Yuuki Kojima, que tocará desde a Alborada de Veiga, Aires de Pontevedra e Muiñeira de Chao a outras alleas á cultura galega como Bolero de Ravel e Amazing Grace.
Na segunda parte do recital, un trío de dous contrabaixos interpretará temas do grupo Luar Na Lubre como Memoria da noite, O trebón, Galaecia ou Chove en Santiago.
O ciclo proseguirá, o 15 de xuño, coa sesión Cantigas Medievais de Galicia. Versos e instrumentos antigos de Galicia, e rematará o 6 de xullo, con Versos de rexurdimento da literatura galega, con piano e soprano.