O Centro Dramático Galego recupera a Manuel Guede para a dirección

O que fora director do CDG durante trece anos asegura que se recuperará o diálogo coa institución e a profesión

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Manuel Guede, que durante trece anos foi director do Centro Dramático Galego foi nomeado de novo director do CDG e presentado hoxe polo conselleiro de Cultura e Educación. O conselleiro sinalou no acto de presentación que Manuel Guede Oliva é «unha persoa do teatro galego, un coñecedor do mundo cultural».

Xesús Vázquez asegurou que o nomeamento non respondí a unha crítica feita ao anteriror senón a contar cun director que «comprende o teatro galego e ten unha idea da dirección para o Centro».

«Portugal será un dos rótulos para a miña xestión»

Manuel Guede sinalou que non ter «sensación de volver porque este CDG é mo diferente do que eu deixei». Comprometeuse a presentar en quince días unha programación e advertiu que non podía asegurar a produción de As furias sen «revisar primeiro a situación económica». Guede Oliva apuntou tamén que se recuperará o diálogo coas institucións, «coa profesión e quero adiantar que Portugal será un dos rótulos para a miña xestión».

Comentarios
 
Opinar
*Todos los campos son obligatorios ( Normas de uso )
Datos personales
Opinión
Sandra Alonso
Sandra Alonso