Paralizadas as actividades e investigacións

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

16 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Os problemas económicos derivados dos recortes obrigaron á Real Academia Galega a suspender as actividades que non son de funcionamento corrente e tamén os proxectos de investigación previstos para este ano. Entre as suspensións recentes está a da comisión de actualización do novo diccionario da RAG que se pode consultar en rede e que mantiña unha reunión semanal en A Coruña. A entidade non pode pagar as dietas dos seus integrantes.

O presidente admitiu que hai actividades que, na actual situación, «hai que paralizar incluso por non pagar as dietas». Méndez Ferrín puntualizou: «Os académicos non cobramos por selo, pero cando temos que facer que alguén se desprace desde a súa casa ata a Academia para traballar, pagar o desprazamento é o menos que temos que facer».

Engadiu que as dietas que se pagaban na Real Academia cando era posible eran «como as que pode cobrar un sindicalista cando vai a unha reunión».

Segundo a RAG, ademais das comisións e a actualización do diccionario, están paralizadas as publicacións e proxectos de investigación, que a institución considera que forman parte fundamental do seus cometidos. Desde a entidade explican que, ademais do agravio comparativo que supón a diferencia de asignación coas institucións bascas, catalanas ou calquera das españolas, hai outros agravios, porque ten que asumir dentro dos seus cometidos a custodia e conservación dun arquivo e dun patrimonio que outras academias non teñen.