O BNG de Santiago invita a Leo Bassi a falar no Concello o día da súa actuación

Os nacionalistas lembran os episodios de censura de Conde Roa, como a Sala Nasa ou o cadro de Manuel Moldes

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Leo Bassi terá triple sesión en Santiago de Compostela o vindeiro 12 de abril. Ademais de actuar no auditorio da Facultade de Comunicación en dúas sesións, ás 18.00 e ás 21.00 horas, o pallaso será recibido polo grupo municipal do Bloque ás once da mañá a escasos metros de onde ten o despacho o actual alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, quen afirmou sentir «especial repugnancia» por Bassi.

Segundo o Bloque, en Santiago puxéronse en contacto con Bassi «como acto de desagravio, para ofrecerlle manter un encontro co grupo municipal e poder explicarlle aos medios de comunicación, no propio pazo de Raxoi, as razóns do cambio de espazo para realizar o seu espectáculo, xa que o Goberno municipal lle impediu actuar no Teatro Principal». O grupo municipal do BNG lembra tamén que os episodios de censura de Conde Roa son habituais con casos como a Sala Nasa, o cadro de Manuel Moldes, os insultos á saída da ópera ou a retirada do Correlingua.

As entradas xa están á venta, establecendo unha taboa de prezos que asegura: «7 euros para estudiantes, desempleados y afiliados al PP documentados». Pódense conseguir no teléfono 657 318 700, en días laborables de 17.00 a 20.00.

Más información Selección realizada automáticamente

 

Comentarios
Leo Bassi. Xoán Carlos gil