«Empeñámonos en facer un reguetón pero non fomos quen de sacarlle o xeito»

AROUSA

MONICA IRAGO

O grupo vocal de versións de clásicos tuneados do pop contemporáneo actúa esta noite no Con do Moucho, na Illa

02 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Empezou, non vou dicir que como unha broma, pero si que con moita menos trascendencia da que axiña adquiriu. A idea é tan sinxela como eficaz: coller míticos temas do pop, dende os 90 ata hoxe, quitarlles o envoltorio da comercialidade e tunealos en clave de desenfadado trío vocal. As redes amplificaron a proposta e hoxe son icona da modernidade musical galega.

-¿Seríades capaces de versionar calquera canción?

-A nosa filosofía é que calquera canción é versionable. Nalgún momento incluso se nos pasou pola cabeza só versionar cancións que non nos gustasen aínda que despois desbotámolo. Pero si é certo que houbo algunha canción que traballamos nela pero non resultou. Por exemplo empeñámonos moito en facer un reguetón pero non lle dimos sacado o xeito.

-¿Por que credes que algo tan primario como tres rapazas cantando se convertiu en algo case posmoderno?

-Supoño que porque foi algo inesperado, porque era algo que non se facía. Tamén polo propio atractivo da música vocal e pola nosa falta de escrúpulos á hora de abordar o repertorio, que pode ir de Sabrina aos Backstreet Boys ou das Spice Girls a Beyonce.

-¿Non hay ningún tipo de complexo?

-Non, de feito o espectáculo está cada vez más desinhibido e cada vez se nos ocurren cousas máis tolas. Ata o punto de que as veces temos que dicir, bueno, non imos facer isto de momento (rise). Tamén é certo que ao final sempre o acabanos facendo.

-Dende logo clasificarvos non resulta doado.

-Non, nin nós mesmas saberíamos donde facelo. Incluso cando falan dun grupo de versións non nos sentimos identificadas porque levamos as cancións tan ao noso terreo -por exemplo facemos o Single ladies de Beyonce a ritmo de muiñeira- que as sentimos como propias.

-Dicides que un dos vosos obxectivos era dignificar a música da vosa adolescencia. ¿Sentídela maltratada?

-É que hai moita xente que semella que agora se avergonza da música daquela época. Nós reivindicamos que que esa música era boa e pode seguir séndoo, así que fora complexos e a versionala.

-Vindes a tocar á Illa, posiblemente o único concello de Galicia no que non hai nin unha soa vaca, ¿que pode pasar?

-Pode ser moi interesante, pero haberá que ir ao Moucho para sabelo.